Mondra – De Ronda

FORMATO – Cd

15,95

En stock

En stock

Descripción

O novo disco do cantante e bailarín chega dous anos despois do seu exitoso debut con ARDĒN. Nesta ocasión, Mondra propón un disco persoal e íntimo, á vez que é irreverente e desenfadado; unha obra de autor, pero sempre en constante diálogo con elementos da tradición oral galega.

A sexualidade, o amor propio, a festa, a comunidade e o valor da mocidade son os temas que percorren as 11 cancións „ou 11 estados do corpo“ de DE RONDA, un traballo que aborda „a sedución, seducir ou deixarse ​​seducir“, e no que Mondra presenta un son novo, orgánico e fresco da man de Hevi, responsable da produción (Laboratorio Soyuz).