Taibo – Verso libre da música galega. Compostela | México D.F.
FORMATO – Libro
19,95€
En stock
En stock
Descripción
No máis profundo daquela Compostela primaveral veu ao mundo Luís Taibo García (Santiago de Compostela, 1877 –México D.F., 1954) unha rara avis in terris e figura fundamental dentro da cultura musical galega. Profesionalmente dividiu a súa vida entre a música e a medicina, pero tamén entre Galicia e México, país que o acolleu e lle permitiu desenvolverse plenamente. No ámbito musical supón un paso máis cara o nacionalismo galego, dende un estilo moi persoal e sempreenraizado na tradición galega
Escrito por Alberto Cancela Montes, doutor pola Universidade de Oviedo, e con prólogo da investigadora e musicóloga Montserrat Capelán, o libro ofrece un retrato fondo e documentado dun creador esencial para comprender a evolución da música galega e o galeguismo cultural entre finais do século XIX e a primeira metade do XX. A obra inclúe un catálogo completo das composicións de Taibo, partituras, cartas persoais e diversos textos literarios, configurando así un valioso arquivo sobre unha figura aínda pouco coñecida para o gran público

