Tiruleque – Repichoca

FORMATO CD

14,95

En stock

En stock

Descripción

Tiruleque saca á venda o que será o seu quinto disco de estudio. Tras lanzar os álbums Tiruleque en 2009, Mu!! en 2013, Outro que tal baila en 2018, e Tiruleque 20 anos no camiño no 2021, neste 2025 lanza Repichoca, un álbum conformado por dez cancións e que procura evocar tanto as orixes da propia banda coma os espazos urbanos dedicados á música folk. Con ese duplo obxectivo, o traballo discográfico titúlase Repichoca, nome dun histórico local coruñés desaparecido en 2021 que durante preto de dúas décadas actuou dende a rúa Orillamar como catalizador, canteira e escaparate para a escena da música folk da cidade herculina.

Tiruleque, que xa superou os vinte anos de traxectoria musical, naceu como grupo na Repichoca e por iso este quinto  disco é unha homenaxe á historia compartida deste grupo, deste xa mítico local e de toda unha xeración que medrou nas foliadas modernas e urbanas que se celebraron ao seu abeiro. O álbum, en definitiva, é unha chamada á festa, ao encontro e mais á memoria.

O repertorio escollido por Tiruleque neste cuarto traballo discográfico aposta pola forza das voces femininas que deron forma á tradición da música cantada en galego. Recóllense tanto a enerxía coma a tradición das mulleres de xeracións anteriores que se encargaron de transmitir as composicións para que chegasen aos nosos días. Partindo dese punto, a formación potencia a enerxía hipnótica da pandeireta co trance das liñas de baixo, combina o brillo da gaita coa forza do metal e mestura a percusión tradicional coa moderna; sempre coa particularidade de manterse fiel ao espírito verdadeiro das músicas, sen artificios innecesarios, respectando o seu sentido orixinal, dentro da foliada, para cantar e bailar coma sempre se fixo.