Descripción
É o terceiro traballo de longa duración do grupo de cantareiros Maghúa.
Gravado a cabalo entre o ano 2024 e finais do 2025, a lume lento, con paciencia, de vagar.
Gravado por Manuel Fonte Loureiro, no seu estudo, en Orro (Culleredo). Mesturado por Nico Vieites e Pete Cunado n’A Coruña.
Gráficas e imaxes realizadas por Juan Luís Rúa e Luísa Patiño Corral
Continúa a liña tradicional do grupo, e fecha, dalgún xeito, unha triloxía (aberta por Corricán e continuada por Mátria.
Contén 17 cortes de música tradicional, baseada na recollida de campo de 7 lugares do País.
– Gargamala (Mondariz. PO)
– O Ézaro (Dumbría, AC)
– A Illa de Ons (Bueu, PO)
– Vilarello de Donís (Cervantes, LU)
– Liñares (Avión, OU)
– A Vila d’A Igrexa (Cerceda, AC)
– Moar (Frades, AC).
Por primeira vez incorporan ao repertorio músicas bailábeis recollidas en Lugo, e tamén contan, por primeira vez dentro do tradicional, coa colaboración de distintos colectivos e artistas.
Xodó, grupo de cantareiros e cantareiras radicado en Nós (Oleiros, AC) gravan unha jota de Vilarello; Norberto Magín, acordionista leonés, grava con eles un pasodobre e un tanco d’A Illa de Ons; Eloi Pérez, multiinstrumentista ben interesante, grava zanfonas no Cantar dos Reices
Orientais (de San Xosé), de Santaia de Moar; e Alejandro Gispert, multiinstrumentista cubano – dirixe a Banda de Gaitas Eduardo Lorenzo, xestada ao abeiro da Agrupación Artística Gallega, do Centro Galego d’A Habana, grava unhas gaitas en Re no mesmo cantar de Reices de Moar.
A presenza das informantes faise máis visíbel (audíbel) neste traballo. Veciñas de Aboal (conta pendente dende o Corricán, aparecen botando un Cantar da Aña; Pilar Mallo, cantadora d’A Pena fai unha introdución ao bloque d’O Ézaro; Amparo de Areal, Becerreá, acompaña o bloque
de Vilarello, botando unhas Rogas da Sega (e a voz de Cándido d’O Lameiro tamén soa neste punto); e, como feche do traballo, en Moar, a voz do referente Ricardo Lagares, pide a licenza e bota a despedida dos Reices que nos cantou.
Maghúa son:
Xiao Mogín del Pozo
Nacho Couselo Fernández
Manuel Fonte Loureiro
Serxo Maceira Vilariño
Serxio Pérez Piñeiro
Davide Leira

