Pablo Sanmamed – A Estrela Mostrada

  • VINILOS
  • Data de lanzamento:04/03/2026
  • Idioma:Galego
  • Jazz

19,95

En stock

En stock

Descripción

Sinopse

Logo do éxito de Ben vennas Maio, Pablo Sanmamed regresa con A Estrela Mostrada, un novo proxecto que volve iluminar o diálogo entre a música antiga e o jazz contemporáneo. Inspirado nas cantigas da lírica galego portuguesa e noutras tradicións medievais, Sanmamed propón unha obra de sonoridades actuais e profundamente emocionais, onde o pasado resoa como materia viva no presente.

O sexteto liderado por Sanmamed ao contrabaixo integra voces e instrumentos que transcenden fronteiras: a salterista Begoña Olavide, a cantante Elena Tarrats, o violagambista Xurxo Varela, o pianista Iago Mourinho e o percusionista Chus Pazos.

Xuntos crean un universo sonoro singular, inmersivo e poético, no que a improvisación e a memoria dialogan coa precisión da palabra e a beleza das melodías antigas.