Treixadura – Portalen

Formato : CD

Estilo: Musica Tradicional

14,95

En stock

En stock

Descripción

Descripción

Tras o percorrido do seu anterior álbum Camiño Longo (2022) , a lonxeva formación tomou o seu tempo para compoñer e madurar novas cancións. Dese proceso nace Portalén, un disco que dialoga coa historia de Treixadura e coa tradición que sempre a acompañou, pero que mira cara adiante con novas pezas e novos camiños sonoros.

O disco preséntase como unha porta simbólica entre o pasado e o presente, un lugar onde o vivido se transforma en futuro. Un disco pensado para ser escoitado con calma e, sobre todo, para ser compartido en directo. O primeiro adianto deste traballo chegou o 20 de febreiro co lanzamento de”, o sinxelo que abriu a porta a este novo universo musical conformado por dezanove temas.

Este concerto en Afundación permitirá descubrir o álbum no seu conxunto, nun formato pensado para poñer en valor a forza do canto colectivo, a coidada instrumentación e a identidade dun proxecto que segue a medrar sen perder a súa esencia.