Abraham Cupeiro – Pangea

Formato CD

11,95

Agotado

Agotado

Descripción

Gravado nos míticos estudios Abbey Road (Londres), o disco Pangea propón unha viaxe musical que percorre diferentes partes do planeta, achegándonos a outras culturas e sons, a través de composicións de Abraham Cupeiro e María Ruiz.

Abraham Cupeiro, acompañado da Royal Philharmonic Orchestra, trasládanos a lugares fascinantes onde soan, desde o sur de Oceanía cos ecos das súas cunchas, ata as misteriosas montañas chinesas que o son do Hulusi debuxa coas súas melismáticas melodías; grandes chairas como as de América do Norte, selvas como as de América do Sur, a frauta Peule de Senegal, a Gaita Búlgara, a desafiante Zurna e os milenarios cornos de pastor coserán o vestido que unirá a nosa terra unha vez máis.Como músico, Abraham Cupeiro é a expresión da versatilidade. Aínda que a súa formación é clásica, sempre lle atraeu todo tipo de música.

A súa curiosidade e preocupación proporciónanlle unha visión polifacética da arte musical e unha gran experiencia en diferentes campos: organoloxía, musicoloxía, construción de instrumentos, composición e sobre todo imaxinación

TEMAS

Oceanía
China
Norteamérica
Sudamérica
África
Arabia
Armenia
Bulgaría
Costa Atlántica
Lamento