Descripción
ALVARIZA, “Once badaladas”
Froito do seu traballo de campo, o grupo Alvariza acaba de publicar o seu disco Once Badaladas, que estes días está a ser presentado polo país e os medios. Alvariza, grupo de música folk e tradicional galega. A agrupación nace no ano 2000 coa intención de conservar a música que antes se interpretaba nas festas de finais do século XIX e principios do XX cun tipo de agrupacións moi concretas que eran orquestras, murgas ou charangas. 8 músicos conforman este grupo galego que pretende converterse nun oco no panorama da música de raíz cunha instrumentación extremadamente variada e rica. Integrantes: José Mª Cebeiro Fernández âCHEMAâ, bombo e batería. Manuel Edreira Buela, “MANOLINHO”, caixa. Luis Miguel Sanmarco Janeiro, “LUIS”, gaita. Roberto Sánchez Barreiro, “ROBER”, clarinete. Hugo González Campos, “HUGO”, requinta. Manuel Cebeiro Fernández, “MANUEL”, saxo soprano. David Nogueira Balseiros, “DAVIDE”, clarinete baixo. Rubén Fernández Monteagudo, “FLO”, acordeón.