Descripción
A primeira biografÃa de Berrogüetto, xunto cun concerto en directo en CD e DVD
O 1 de xullo de 1995 unha nova formación, de estraño nome e son irresistible, abarrotaba a compostelá praza da Quintana, tras apenas un par de meses de ensaio: Berrogüetto. O pulso da terra é a primeira biografÃa da banda, posiblemente, máis relevante que deu a música de raÃz tradicional galega durante estas dúas últimas décadas.
A partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxe septeto, pero tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúe unha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises e reinvencións, compromisos estéticos e ousadÃas, como a autoxestión ou a democracia asemblearia.
O libro, con abundantes fotografÃas inéditas, inclúe o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbum KosmogonÃas, asà como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.