Descripción
-
1. Sexto
-
2. Danza filipina
-
3. Cousa bonita
-
4. Karamfil
-
5. Pánico dos espaguetes
-
6. Fariñeta
-
7. Nova
-
8. Fariloops
-
9. Â 7-B
-
10. Gran dereit
-
11. Ai! Filomena querida
-
12. No océano
bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de satisfacer as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. Unha fusión de música que levanta o teu interior conforma este trío.
.. lixeiramente asíncrona.
bonOvO comeza aquí na estrada na procura dun son que non entenda de etiquetas, con vontade de romper as barreiras establecidas e que teña como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e personalidades propias, nunha simbiose musical imprevisible.
Tres coñecidos músicos galegos: Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpinho Viascón, con traxectorias musicais bastante dispares (Os Cempés, Diplomácticos de Monte Alto, Jarbanzo Neghro, Budiño, Susana Seivane…) Xúntanse nun proxecto que achega frescura. aire e un novo son ao panorama musical galego.
bOnOvO presentouse a Galiza en 2007 no escenario do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, e por Abada ao resto do mundo na feira internacional WOMEX de Sevilla. O grupo destaca como un proxecto innovador non preocupado polo tratamento de dous instrumentos, co uso e adaptación de cancións populares incluso a través de melodías do século XV, aínda que o repertorio ofrece unha maioría de composicións propias.
A esencia acústica da zanfona ou do acordeón, mesturada con batería electrónica, efectos e instrumentos virtuais, proporciona ao trío as ferramentas para interpretar con rigor en directo todos os elementos que compoñen ou forman parte de BOnOvO.