Cantares do Brión – Arruídos

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

Coro Tradicional Cantares do Brión , “ARRUÍDOSâ€

Unha gravación-rexitro dá memoria.

Memoria da nosa música tradicional, elaborada ao longo de dous séculos, e con especial expresión nos últimos anos, desde que apareceron os nosos coros históricos.

Memoria de catro anos, tempo de existencia de Cantares do Brión. Fixación do repertorio do período 2010-2014, con pezas do catálogo de Aires da Terra, de Cántigas da Terra, de Cantigas e Agarimos, de Coral De Ruada e, abrindo o disco, de Toxos e Froles; pero tamén con obras de nova creación, composición de membros do coro, como no caso de Tríadas do vento no mar, Camiño de Ourense, Na Touba do Brión, Foliada de Vincios, Hai que cantar; e outros con harmonización e inicios para coro como é O carro, de Mero Iglesias, con letra de Manuel MarÃa.

Foliadas, alalás, pasodobres, pandeiradas e pandeiretadas e, pechando o disco, Os Pinos, composta por Pascual Veiga e letra de Eduardo Pondal, que é o Himno de Galicia.

[Os compositores das obras de nova creación son: Luís Correa “Caruncho” e Pablo Rial Salgueiro, que é o director do coro.]

Entre as principais finalidades atópanse a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e difusión da traxe tradicional; sendo obxecto de especial atención e uso habitual ou lingua galega.

Cantares do Brión está formado na actualidade por 60 persoas, na súa maioría do Val Miño, principalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, O Baixo Miño, Soutomaior ou Vigo.