Cristian Silva – Un home tranquilo – CD
PREVENTA SERVIRÁSE A PARTIR DO DIA 13 DE XUÑO
FORMATO : CD
14,95€
En stock
En stock
Descripción
Non todo o que afunde está perdido.
Hai cosas que só se topan no fondo.
Este disco vén de aí.
Nacido entre a néboa atlántica e o pulso eléctrico da cidade, Un home tranquilo é unha obra ambiciosa e inclasificable, onde a tradición dialoga sen prexuízos coa modernidade: gaita, frautas e zanfona eléctrica conviven con guitarras distorsionadas, sintetizadores envolventes e seccións rítmicas que se moven entre o funk, o indie e o jazz.
Un traballo de identidade líquida, forte e serena, que nunca perde a pegada da terra.
Acompañan a Cristian músicos de primeira liña, que enriquecen cada compás:
Miguel Lamas (Dani Martín, Pablo Alborán) e Niño Bruno (Leiva, Calamaro) nas baterías, Pablo Pérez (Loquillo, Zahara) ao baixo e ás guitarras, o saxo tenor de Xosé Miguélez, os metais de Antonio Rodríguez Iborra (Dakidarría, Transilvanians), o baixo de Adrián Saavedra, a voz e a pandeireta de Ana Fernández (Deixaás, Mercedes Peón), e a colaboración especial da banda Igloo, referente do indie galego.
Non é só música: é atmosfera.
Gravado entre Galicia e Madrid, o disco preséntase nun digipack cun deseño visual delicado, e nunha edición limitada en vinilo transparente, firmado e numerado a man, que evoca a agua do Carril. Un obxecto claro e delicado só en aparencia. Unha cápsula de son, memoria e territorio.