Descripción
PREVENDA, para servir apartir do dia 20 de novembro
Guadi Galego asina o seu quinto disco en solitario e podemos asegurar que é o seu mellor traballo: COSTURAS.
A autora, galardoada no 2019 co Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe polo seu último traballo IMMERSION confirma o momento creativo no que se atopa e reafirma o seu xeito de dicir.
10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é.
Tres colaboracións compoñen o disco, dúas poetas Antía Otero e MarinaOural e unha cantante, a catalá Paula Grande.
A produción musical, a cargo de OliveraEstudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas dentro do pop.
COSTURAS publícase nun fermoso e orixinal DIGIPACK , a portada contén unha obra do pintor Ricardo de Barreiro que cada persoa descobre rascando a superficie gris. Un bo xogo que invita ao comprador do álbum a crear a súa propia versión da mesma
TEMAS:
1.Costuras
- Canción Popular
- Velutinas
- O Que Ha Chegar& Paula Grande
- Cólico
- LiberdadeAmbigua
- Zocos
- Creo
- Mesta Néboa
- Só con Amor