Descripción
Proxecta na súa música a modernidade da sociedade galega actual, coidando e nutrÃndose do seu pasado e tradición. Dende os seus inicios no ano 2005, mostrou o seu interese pola música de raÃz galega e as correntes de vangarda. A música de ISGA collective é unha das propostas máis atractivas e orixinais da escena galega. AÃnda que de corte intimista, sorprende pola súa vitalidade e frescura, mostrando unha Galicia actual e moderna.
Despois de obter moi boas crÃticas polo seu primeiro disco e os seus directos (Liverpool, Edimburgo, L´Orient, Frankfurt, Londres, Munich …),presentan o seu novo album “Etheria”(sul producciones 2011) un traballo se cabe máis orgánico que o anterior onde seguen a investigar na mestura de diferentes correntes musicais coa dándolle un sabor galego e que confirma ao grupo como unha sólida proposta e representación da nova música galega.
Â