Ith – Frear o momento

Formato CD

9,95

En stock

En stock

Descripción

Ith, nome dun príncipe celta fillo de Breogán, dá nome ao grupo de Xanceda (Mesía) que forman Lucía da Fonte (voz), Miguel Iglesias (guitarra e coros), Toxo (guitarra), Gonzalo Suárez (baixo e coros) e Alberto Vilas (batería).

Trátase dun conxunto que desde os seus inicios aposta no rock galego e en galego. Nos máis de 15 anos de traxectoria partillaron palco ao longo da xeografía galega con grandes bandas do panorama musical.
A música de Ith guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy ou do pop, que achegan cada unha das súas integrantes. Frear o momento, quinto traballo discográfico da banda -logo de Forte (2015) e O mínimo que o contén todo (2018)- está formado por oito temas que beben da creatividade dos últimos dous anos.

TEMAS
1 – ALOUMIÑOS QUE FESTEXAN
2 – O INDEFENDIBLE
3 – FASQUÍA DE CRISTAL
4 – SEN MIRAR ATRÁS
5 – MÁIS ALÓ
6 – (DES) ESTIMADA
7 – FREAR O MOMENTO
8 – O DESTINO