Descripción
LaMontagne & PicoAmperio: sons futuristas e tecnolóxicos que traen a tradición de volta ao presente a través de bases de trip hop, moito flow e tintes de contracultura.
Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre o punto de encontro deste dúo, capaz de establecer pontes coa tradición traéndoa de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos.
Conseguindo coa voz de LaMontagne e os loops de PicoAmperio que a xente se teletransporte a un universo híbrido, único, hipnótico e absolutamente magnético, a banda presenta no seu primeiro disco, “Algo que sinalar”, unha aventura libre de ataduras. A xeito de matrioska, o público atopará nel cancións con moitas capas que se abrirán antes os seus ollos: rebeldes na estrutura pero nas que se pode ver unha parte intimista, tintes de dozura e alegría, moita enerxía e tamén un pouco de melancolía.
Temas como a búsqueda da identidade (“Eu vexo”), a celebración do comezo dunha nova aventura (“Avelaneiras Floridash”), a importancia do aprendido polo camiño antes de chegar a un obxectivo final (“Porque no mundo”), a tristeza infinita (“Ondas do mar de Vigo”), ou o agradecemento á vida (“40TENA”) son algunhas das sensacións a experimentar e paradas que se poderán facer neste primeiro traballo da banda, que se compón de oito cancións compostas e producidas por LaMontagne & PicoAmperio.
Son auténtico trip hop pasado por unha forte impronta urbana e contemporánea. O eterno loop do son atlántico.
TEMAS
- Eu vexo
- Avelaneiras Frolidash
- Banharemonos nas Ondas
- Porque no Mundo
- Ondas do Mar de Vigo
- Senhora do Almortão
- Pola costa vella
- 40TENA