Descripción
A finais de 1989 decidimos introducir a música tradicional galega, con sons de pandeiretas e voces, convencidos de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debería ter un espazo propio nos nosos escenarios.
ConSentimento é unha homenaxe a todas as mulleres que fixeron realidade a creación, conservación e transmisión da tradición oral de Galicia.
Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeiras, cantante, pandereteira, músico como tantas mulleres que dende a casa ou o anonimato plantaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto propoñemos neste quinto espectáculo unha concepción musical acorde cunha nova realidade. Un traballo con só tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo.
RELACIÓN DE TEMAS : 1. Bonaval 2. Por riba do medo 3. Cinas 4. Corazón de sal 5. A voz de EVAS 6. Rondón 7. Cortellas 8. Voz dos amigos 9. Cacique coiro 10. O amor corre 11. Noite da festa 12. Como un soño que pasa
13. Jota de Eva      Â