Descripción
85 anos despois, a Orquestra Los Satélites segue amenizando os principais festivais de Galicia e mantén viva a historia dunha gran orquestra.
Nos anos sesenta convertéronse na orquestra principal do Festival do Miño e acompañaron a Massiel no Festival Eg.
EN 1977 recibiron un disco de ouro polas vendas dunha das súas producións discográficas con Sito Sedes como vocalista.
Porque Los Satélites tamén tivo moita popularidade coa gravación de discos e casetes.
E a lenda crecerá nas seguintes décadas. Están as súas reiteradas actuacións no “Aplauso” de TVE, no programa “Querida Concha” (Telecinco) ou no “Luar” da TVG.
Nas súas vitrinas, o premio á mellor orquestra de salsa de R.N.E. pero tamén recoñecementos de La Razón, Radio Galega, Radio Valga, Radio Voz, o premio Martín Códax ou a iniciativa do concello de Oleiros de poñerlle nome a unha rúa na súa honra.
Catorce discos, colaboracións con grupos como Os Diplomáticos de Monte Alto, ou nas series “Libro de Familia” e “Os Atlánticos”, ou un completo documental dirixido por Paco Lodeiro (“Los Satélites, unha orquestra de lenda”) completan un biografía que aínda está aberta
TEMAS
- Sangre de mi sangre
- Por los caminos de la vida
- Me encantas
- Mi corazón es tuyo
- Palmira señorial
- La fiesta ya empezó
- Mami
- Bam Bam
- La mejor de todas
- No te atrevas a olvidarme
- Me parece extraño
- A quién le importa
- Bésame
- I love you more