Luar na Lubre – XXX Aniversario

17,95

Agotado

Agotado

Descripción

XXX Aniversario. Un recopilatorio con temas selectos que nós mesmos escollimos tratando de non caer no convencional, sen as cancións máis coñecidas e recoñecidas senón que buscando a excelencia dos temas máis agochados do noso repertorio nestes 30 anos de andaina acompañados, eso si, de algunha que outra sorpresa que pensamos vaivos ser moi grata…. Revisións actuais de temas como “Morrison’s jig”, “Dun tempo para sempre” ou o “Soldado desgraciado”, a inclusión da versión que Mike Oldfield fixo de “O Son do Ar” (“The song of the sun”) ou unha versión un pouco transgresora que nos fixemos do clásico galego “Fonte do Araño” composto polo grande mestre Emilio Cao, un dos precursores da música celta e galega actual. Todo esto acompañado coas colaboracións de xente como Ismael Serrano, Coral de “Ruada”, Nani García, Victor Iglesias, Christian Delgado, Fernando Fraga, Irene Cerqueiro etc….. E co deseño gráfico de Antonio Seijas.

Listado de temas.

 

O son do ar
Fonte do Araño (Nuevo Arreglo)
Morrison’s jig (Nuevo Arreglo)
Dun tempo para sempre (Nuevo Arreglo)
O soldado desgraciado (Nuevo Arreglo)
Uah Lua (Folla do visgo)
Romance De Novembro
Ao-Tea-Roa
CAMIÑO DE IBIAS
Mia irmana fremosa / Muiñeira de Poio
Gerdundula
De Ruada / A Herba De Namorar
Mandad’ei conmigo

Pola Ponte De San Xoan
Olla meu irmau
Schiarazulla marazulla / A Carolina
MULL OF KYNTIRE
Os animais
Pandeirada do Che (Farruco Sesto)
Obertura
Na Frouseira / Maravillosos et piadosos
Centeas
Mar de peixe
O Trebon
Danza De Burgas
Heicho De Dar
A invocación de amergin
Hai un paraiso
HAI QUEN DI