Noemí Salomón, Anaís Fernández – MESTRE VIDE

Formato 3CDs

17,95

En stock

En stock

Descripción

Co gallo do 125 Aniversario Nacemento do compositor ourensán José Fernández Vide (1893-1981), Oscar Ibáñez impulsou a gravación da súa obra completa para piano e para canto e piano, moi poco coñecida ata o momento, na maxistral interpretación de Noemí Salomón, piano, e Anaís Fernández, soprano, que son dúas das máis novas e brillantes intérpretes da actualidade, neste fantástico triplo CD (2 CDs Obra para piano + 1 CD Obra para canto e piano), cun total de 240 min. de música gravada, + 1 libreto (40 p.) con textos dos musicólogos Carlos Villanueva e Javier Jurado, así como do fillo do compositor Antonio Fernández García-Vide, sobre a vida, a obra e a personalidade do compositor.

O achegamento á obra do Mestre Vide reafirma que a historia da música galega hai que escribila cotexando as dúas beiras do Atlántico. Este é o caso dun músico con gran oficio e unha completa formación, primeiro como neno de coro, logo como organista da catedral de Ourense e diariamente como docente, particular e máis na Escuela Normal de Magisterio, director do Orfeón Unión Orensana e músico de salón e café-concierto, que inmediatamente intégrase na vida musical da Habana, a requirimento do Centro Gallego, para dirixir o orfeón, rondalla e coro típico da institución, asumindo tamén a dirección do seu conservatorio con posterioridade; na illa caribeña compuso para todo tipo de combinacións acadando un notable recoñecemento dentro da comunidade galega. Ao seu retorno a Ourense retomou a súa diversa labor musical, que lle proporciou novos recoñecementos, ligado paralelamente ao movimiento galeguista, especialmente ao círculo ourensán da revista Nós, e converteuse nun imprescindible no ambiente musical da cidade das Burgas ao longo de toda a súa vida.

Promoven: Xunta de Galicia dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Dirección Xeral de Políticas Culturais e Secretaría Xeral da Emigración, Deputación de Ourense, Concello de Ourense e Concello do Carballiño.