Descripción
Ray Preíland Band editan o seu segundo álbum: “Desconcerto”
Ray Preíland Band é un proxecto colectivo inclasificable ideado e coordinado por Marcos Neira (Marcos de Neda) no que colaboran máis dunha vintena de músicos de diversa procedencia e longa traxectoria, como Iago Mourinho, Luís Peixoto, Manuel Paino, Ariel Ninas, Iván Gulín, Alberto López, Antón Díaz, etc.
Teñen por filosofía o eclecticismo, o inconformismo, a ausencia de cancelas musicais.
Folk-rock, rock bravú, música étnica, punk, surf, ska, jazz, BSO terror Serie B… son algunhas das súas fontes musicais.
TEMAS
01 – Agardando a Éric
02 – Dr. Phibes
03 – No ghaliñeiro
04 – Picácheste
.05 – Na discotasca
06 – Cachi
07 – Viño caiño + veraneantada
08 – Galerna
09 – Portalén
10 – Cantiga de escarnio
11 – Tilinka
12 – Unha chea de milnoves
13 – Abdujción
14 – Ollando o mar
15 – Z
16 – A gaceta