Descripción
Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil…), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes SoSa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.
María Xosé Silvar “SES” – voz, guitarra e percusión
Sabela Galbán – voz, acordeón e flauta
Tito Calviño – guitarra
TEMAS
01 – O Grileiro
02 – Serei Curiosa
03 – Brazos para a Seitura
04 – Son Dun Pobo Sinxelo
05 – Son da Alfabetización
06 – Zamba dos Humildes
07 – Téñolle Rabia ao Silencio
08 – Enquanto Há Força
09 – Un de Abaixo
10 – Muller
11 – A Chamuscada
12 – Raro Froito