Suso Ascariz – A gaita na terra de Melide

Formato CD + LIBRO

29,95

En stock

En stock

Descripción

Despois de catro anos de estudo e de investigación. A gaita na Terra de Melide é un percorrido sonoro, literario e fotográfico pola tradición musical dunha comarca. Tomando como referencia especial os concellos de Sobrado dos Monxes, Toques, Melide e Santiso, onde se estuda a evolución da gaita galega nestas terras ao longo do século XX ao tempo que se describe o contexto histórico e os acontecementos máis relevantes que marcaron o devir do instrumento.

Trátase dun traballo de investigación construído tamén a través das biografías de gaiteiros e artesáns no que se recollen vivencias e anécdotas contadas en primeira persoa e que nos leva de novo ás eiras, ás casas, ás romarías e a todos aqueles espazos da Terra de Melide nos que se tocaba e nos que a gaita foi adquirindo aos poucos unha función social determinante.

O libro inclúe un repertorio composto por 60 partituras, moitas delas inéditas, e un CD coa gravación das catro muiñeiras da Terra de Melide compostas polo autor.