Descripción
É unha edición preciosiosísima, pero é limitada
Tanxugueiras son a (r)evolución da música tradicional galega: tres cantantes para unha nova década. No seu terceiro disco reinterpretan os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á música electrónica. Unha obra que tamén é unha viaxe de preguntas, de cuestionamento de crenzas e de presunta culpabilidade. Un camiño polos verbos ver, escoitar, equivocarse, lembrar, recuperar, abrazar, empoderar…
A súa enerxía, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os seus máximos expoñentes. Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son o son dun pobo internacionalizado. Son cultura tradicional na pista de baile. Son todos os mundos nun. Porque para Tanxugueiras “non hai fronteiras”.
TEMAS
- Treboada
- Arica
- Desidia
- Midas
- Pano Corado
- Sorora
- Seghadoras
- Averno
- Figa
- Fame de Odio
- Terra
- Acougo