Uxia e Javier Ruibal – De tu casa a la mía

Formato CD

16,95

En stock

En stock

Descripción

Da túa casa á miña é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e o sentimento de dúas almas que tratan de pór ás á poesía de ambos os autores.

Farano con novas melodías que nos darán a coñecer máis a fondo a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalia, nesa unión norte-sur presente na súa poesía e que, no caso de Lorca, terá o seu culmen cando escríba o Seis poemas galegos editados en 1935.

Uxía e Ruibal teñen xa unha longa experiencia musicando a poetas; este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado po Lorca de Granada a Santiago, selando esa irmandade e a proximidade de espírito e de ideais; pór no centro o que nos une e non o que nos separa, tender pontes sobre os versos e a alma das dúas figuras universais.

Os dous proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos e que son pura musicalidad e inspiración. a música, de feito, tamén foi para eles un alicerce fundamental, inspirándose na súa vertente popular moitos dos versos que crearon

TEMAS

01 – De tu casa a la mái

02 – Ahí va la loca soñando

03 – Danza da lúa e Santiago

04 – Chove en Santiago

05 – Morenita

06 – Erguete, miña amiga

07 – Por tu amor me duele el aire

08 – Rosa de cen follas

09 – Ay, ruada

10 – O corazón na man

11 – Romance de la luna, luna

12 – Falares de amor

13 – Solo tu corazón caliente