Descripción
Axúdame a sentir dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar…
Temas
- Muiñeira Irmandiña
2. Maruxa Do Benquerer
3. Liebre
4. Candombe Do Sta Mariña
5. Maneo Naufrago
6. Pasodoble Do Vigo Dos Toxos
7. Ramo Do Borbolla
8. Rumboja Viva
9. Xota Dos Cucos
10. Axudame A Sentir
11. Alala Do Cebreiro