Descripción
Xoán Colazo. Leva décadas percorrendo os camiños do país e desde o nacemento de Sermos Galiza, en 2012, publicando, como integrante do colectivo XEA, as súas reflexións sobre diferentes lugares da xeografía física e humana galega, profundamente transformada e agora, a través desta obra, convídanos a revivir esas “andainas polas derradeiras paraxes descoñecidas da Galiza”.
O libro consta de 492 páxinas encadernadas en tapa dura, con máis de 250 fotografías a toda cor e impresas na mellor calidade
“Quero compartir a paixón polo país, espertar na xente o interese de saír a camiñar e coñecer a nosa terra. Este é o xeito de valorala, de querela, de reivindicala, de sermos conscientes da nosa historia, da rica arte, da natureza vizosa, da toponimia de noso, das formas de montes, ribeiras e vales. E, sobre todo, saír do noso horizonte cotián permítenos coñecer e falar coas persoas que habitan, dan sentido e moldean este territorio variado e gozoso”, salienta o autor.