Ariel Ninas – César Prata – Cantos de cego da Galiza e Portugal

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

Cantos de cego de Galiza e Portugal é un espectáculo sobre este personaxe singular na cultura universal e o seu repertorio musical a ambas beiras do Miño. Un conxunto de cancións de temática común: crimes, romances, parrafeos de namorados, desgarrada, feitos históricos,… relatos que, coma os ceguiños e ceguiñas, acompañaron a paisaxe sonora de feiras, romarías e rúas desde a Idade Media até case os nosos días.

César Prata e Ariel Ninas son os dous músicos de ambos países que recrean con variada instrumentación estas cancións. Fundamentalmente con voz, zanfona e guitarra, mais tamén con concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas. A partes iguais melodías galegas e portuguesas, recollidas en cancioneiros ou gravadas directamente a informantes de Mesía, Pinhel, A Guarda, A Fonsagrada, Viseu… Estas cancións foron gravadas recentemente para formar parte do primeiro disco do dúo: “Cantos de cego da Galiza e Portugal”