Descripción
ASTAROT, séptimo pecado
Astarot están de volta!!!Â
O mÃtico grupo galego de hard-rock de Cangas do Morrazo, que este ano cumpre o seu trinta aniversario, teñen novo traballo no mercado , o sétimo álbum de estudo da súa carreira «Sétimo Pecado», co que inician unha nova etapa con novo vocalista, Juan A. Antepazo completando a formación Carlos Gandón, fundador da banda  José M. Pedra, Carlos Rodal, Tony Vázquez e Loren.
O disco inclúe 18 temas con tres versións en galego (Xirarei de Xil RÃos; a adaptación de «Adeus rÃos, adeus fontes» de Amancio Prada e Ou Tren de Andrés Dobarro). De igual maneira, o disco ofrece, entre outros temas musicais, dúas versións do inglés Albert Hammond, moi coñecidas como «Bótame a min a culpa» e «Preto do rÃo». Tamén inclúe a colaboración especial de Rosa Cedrón, ex cantante de Luar Na Libre, en dúas cancións, asà como a de Joaqun Padilla de Iguana Tango.
O disco gravouse nos estudos Musitrón de Madrid, baixo a dirección de José LuÃs Garrido, un dos fundadores de Triana, coa produción do propio grupo Astarot.