Descripción
Desde que a primeira pinga de intelixencia brillou na humanidade, a nosa especie non deixou de abraiarse da magnÃfica visión do espazo e, civilización tras civilización, xamais deixou de xerar mitos, lendas, cosmogonÃas que poetizaban o movemento dos astros e a súa propia existencia. Porén, cada paso que dá a ciencia, cada novo descubrimento, á vez que derruba antigas crenzas inconsistentes, parece que acentúa en vez de minguar esa sede creativa, esa necesidade de transmutar a emoción en novas melodÃas.»Â Quico Comesaña
KosmogonÃas, lévanos ao momento de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria, ao berro inicial do universo que coa súa radiación chega ata nós. KosmogonÃas é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto.Berrogüetto párase e destaca todas aquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar a súa contorna.
Composto por once cancións, KosmogonÃas mantén o estilo tan persoal e definido por Berrogüetto desde os seus comezos. Innovadores desde o primeiro traballo, este quinto disco supón unha colección de sons orgánicos, un traballo delicado onde se plasma a alma do grupo a través da súa especial concepción musical.
En KosmogonÃas achamos dúas novidades importantes: unha nova voz e un son novo. A incorporación de Xabier DÃaz, habitual colaborador da formación, supón a aposta de Berrogüetto por unha voz solista masculina, feito pouco común entre os grupos galegos. Intégrase tamén no grupo a nickelharpa, un instrumento de corda, orixinario do folclore sueco e similar en aspecto a unha zanfona. Este en concreto foi construÃdo de maneira artesanal por Quim Farinha, violinista do grupo e lutier.
É necesario destacar e agradecer tamén as colaboracións dos escritores Rosa Aneiros e Manuel Rivas, quen cedeu un dos seus poemas para a letra de «Alalá da noite».