Birimbao – Nena do mare

Formato CD

9,95

En stock

En stock

Descripción

BIRIMBAO, “Nena do mare”

A banda herculina naceu no ano 1999 e nos seus comezos adicáronse á música popular galega, «movéndose en pezas e cantigas puramente tradicionais e sen moitos aderezos», tal como indican os compoñentes do grupo.

Co paso do tempo decidiron afondar na fusión de estilos e, aínda sen esquecer en ningún momento o folclore do país, tomaron ideas doutros lugares para plasmalas na súa música, algo que se reflicte neste Nena do mare.

Neste traballo que vén de ser editado existe un labor coral nas composicións, e ademais das pezas tradicionais galegas incorporadas ao repertorio, que contan con arranxos do grupo, aparecen creacións de Manolo Gesto, Chema Lorenzo e Mabell Castro.

Dos oito temas que compoñen esta obra, seis deles son cantados, sendo a voz do conxunto coruñés a de Mabell Castro. O que pretende o conxunto coa súa proposta musical é «transmitir a cultura galega por medio de composicións propias cheas dun selo único».