Descripción
-
1. Sexta
-
2. Danza filipa
-
3. Cousa bonita
-
4. Karamfil
-
5. Spaghetti panic
-
6. Fariñenta
-
7. Nova
-
8. Fariloops
-
9. 7-B
-
10. Gran dereit
-
11. Ai! Filomena querida
-
12. In the ocean
bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de satisfacer as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A fusión das músicas que levan no seu interior conforma este trÃo.
.. lixeiramente asÃncrono.
bOnOvO comeza aquà o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, co afán de romper as barreiras do establecido e que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e personalidades propias, nunha simbiose musical imprevisible.
Tres coñecidos músicos galegos: Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpinho Viascón, con traxectorias musicais moi dispares (Os Cempés, Diplomáticos de Monte Alto, Jarbanzo Neghro, Budiño, Susana Seivane…) conflúen nun proxecto que aporta aire fresco e unha nova sonoridade ao panorama musical galego.
bOnOvO presentouse para Galiza no verán de 2007 no escenario do Festival do mundo celta de Ortigueira, e a través de Abada para o resto do mundo na feira internacional WOMEX en Sevilla. O grupo destaca como un proxecto innovador no tocante ao tratamento dos instrumentos, ao uso e adaptación do cancioneiro popular incluso a través de melodÃas do século XV, aÃnda que o repertorio ofrece unha maiorÃa de composicións propias.
A esencia acústica da zanfona ou do acordeón, mesturados con baterÃa electrónica, efectos e instrumentos virtuais, proporciona as ferramentas ao trÃo para interpretar en rigoroso directo todos os elementos que compoñen o son de bOnOvO.