Descripción
O PODER SALVAXE E NATURAL DE O FURACÃN
Dixie Town presenta O Furacán o seu disco máis persoal e completo producido polo Neoyorkino Mike Mariconda e gravado nos estudos Tigruss de GandÃa por Pepe Gomar con equipos completamente
analóxicos en agosto de 2012. Con este traballo o trio vigués dá un golpe na mesa mostrando a súa variedade de rexistros e cun
son inspirado en referencias tan dispares como Captain Beefheart, Blue Cheer, Spencer Dickinson xunto coa súa bagaxe habitual infestado de chiscadelas a power trios clásicos como Ten years after, Grand Funk Railroad e o son de bluesmans texanos como Johnny Winter. O primeiro adianto poderá escoitarse
en formato dixital a partir do 17 de Setembro para mes a mes ir mostrando distintas facetas do álbum de face á súa saÃda programada para decembro de 2012. Cunha arriscada aposta de deseño que non deixará indiferente a ninguén O Furacán mostra a unha banda en estado de graza con máis enerxÃa que nunca e orgullosa de se misa que ao longo de 2013 presentará este traballo por toda España mostrando o poder salvaxe e natural de O FURACÃN
Dixie Town debutaba en 2007 cun sinxelo disco de blues. HARDNIGHTERS, BLUESBELIEVERS foi unha primeira toma de contacto coa industria musical. Sabendo que os trÃos setenteiros apóianse no blues; pariron un elegante e sinxelo disco impregnado de grandes clásicos do xénero, revisados coa personalidade da banda. Plantábase a primeira semente da besta.
Para cociñar OVERDRIVE, o seu segundo disco, o trÃo partiu de antigos ingredientes, pero mesturados de maneira distinta. Unha semana en agosto de 2008 na serra madrileña, encerrados nas 4 paredes dunha sala, nos estudos Hispamusic de Alpedrete, bastou para lograr suorentas sesións do novo repertorio integramente gravadas en directo. Novas cancións orixinais xunto a revisións xenuÃnas de Canned Heat, Free, Johnny Winter e si, Little Richard! E a fresca Dance Around The Fire, unha versión moi afastada da visión dos seus autores: os infravalorados neoiorquinos The Compulsions. A guinda do pastel, é dicir, a mestura e o mástering realizouse Guitar Town Recordings, a cargo do gran Hendrik Röver.
DIXIE TOWN O Furacán
Con FAT & SUPERB armouse a gorda; Dixie Town viaxaba ás mediterráneas e calorosas terras de GandÃa coas ilusións postas na gravación dun novo e máis persoal disco. FAT & SUPERB é
esmagador, brutal, cru, con cancións que destilan esenciais dos mellores power trÃos da escena actual; o disco cheira a Josiah, ZZTop, Radio Moscow… é un paso máis aló, puro hard-rock-blues. E a isto contribuÃu o produtor holandés Erik Spanjers (entre os seus traballos destaca a produción do bluesman Boo Boo Davis) cuxo coñecemento do estilo impregna ao disco dun perfume setenteiro
marabilloso, a persoa perfecta para este disco, para este grupo. Un traballo perfecto de produción, mestura e masterización.
1.  The Pills,… …..5´01
2.    The Place I Call Home,…..3´00
3.    Hill Country Breakdown……3´13
4.    Doublecrossed…….3´36
5.    Future Blues……..2´27
6.    A life, A Live……. 3´26
7.    O Furacán………..3´10
8.    Every Father´s Song…….3´57
9.    Troublemaker……..2´41
10.Worth More Than The Money…….5´01
11. Gorilla……..3´36
12. Letter To My Daughter……3´00
13. 364 Days………….2´43
14.Growing On The Vine……..2´20