Descripción
Miniaturas de Eugenio Granell: música revelada
20/11/2012
O novo proxecto de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, descubre a dimensión musical, até o de agora descoñecida, do xenial artista do Surrealismo. Ademais Pintor, escultor, realizador cinematográfico, dramaturgo, experimentalista e autor de vangarda, Eugenio Granell era músico. De facto, a primeira arte na que se cultivou foi esta e foi pola música que marchou a Madrid a estudar. Chegou a ser 1º violino da Sinfónica de Santo Domingo. No centenario do seu nacemento, aCentral Folque publica e dous libros os seus cadernos musicais inéditos, os pon en contexto e recrea nun disco a súa música cun encargo ao pianista cubanoAlejandro Vargas que estreará a súa re-composición nun concerto na Cidade da Cultura o vindeiro domingo 2 de decembro. Podes xa mercar as entradas aqui
O 28 de de novembro preséntase o resultado coa publicación dun libro coa transcrición das partituras e un estudo crÃtico da dimensión musical de Eugenio Granell e un disco baixo a dirección musical do pianista cubano Alejandro Vargas cun elenco de escollidos músicos que toman eses apuntamentos de Granell para construÃr unha nova dimensión musical. O CD gravouse a principios de outubro no Auditorio de Ourense e está gravado ao vivo co estudio móbil da Radio Galega e con Pablo Barreiro coma técnico de son.
A presentación mundial do proxecto de nova creación musical será nun concerto especial na Cidade da Cultura coincidindo coa clausura da exposición adicada a Eugenio Granell no Arquivo de Galicia o vindeiro domingo 2 de decembro.
O cuarteto fundamental (piano, voz, contrabaixo e percusións) estará arroupado por os colaboradores que gravaron no disco (viola, sanfona e gaita).
Visita a nosa páxina de produción para coñecer máis polo miúdo este proxecto