Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña

Formato CD + LIBRO

19,95

En stock

En stock

Descripción

“Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña”

Autor: Moncho do Orzán

Tapa dura
118 páxinas
CD 26 trillas

O lexendario tío Farruco de Montrove, activo entre fins do s.XIX e comezos do s.XX, ilustra o inicio dun dos episodios mais relevantes da música na cidade da Coruña, a do mundo da gaita. El representa o eslabón entre a tradición máis puramente rural e o recoñecemento do gaiteiro por parte da masa social urbana.

O seu facer, o seu xenuino repertorio, a sua impronta nas festas coruñesas deixou ampla estela de artistas continuadores no que encontramos desde nomes historicos como Farruco Paradela, Emilio Corral, “Cántigas da Terra”, “Os tempranos” de Eirís, até os mais recentes “Brisas da Cruña”, “Xacarandaina”ou Xosé Casal. Agrupacións e persoas que fixeron da gaita un xeito de ver a vida e que forman parte inseparable da historia contemporanea e artística da cidade herculina.