Guadi Galego – Lúas de outubro e agosto

13,95

Agotado

Agotado

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e
tambien máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.
“Lúas de outubro e agosto” contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das
composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza
e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e
propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.

“Lúas de Outubro e agosto” gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de
Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a
Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de
Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

“Lúas de Outubro e Agosto” preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con
faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.