Mulleres de Gargamala – Cantares de tradición oral ( REEDICIÓN )

REEDICION

ARTISTA – Mulleres de Gargamala

TITULO – Cantares de trdicioón oral

FORMATO – Libro+Cd

MUSICA – Tradicional

19,95

En stock

En stock

Descripción

Se Mondariz é sinónimo de pandeireteiras en Galiza, Gargamala é unha das súas capitais indiscutibles.

As mulleres e homes desta parroquia souberon manter un enorme repertorio de cantigas bailables para o serán acompañadas da pandeireta e da gaita, entre bailes soltos e agarrados. Pero non só.

Conservan ademais un bo número de cantares a capela, do ciclo da vida coma xogos ou arrolos; ou do ciclo do ano coma cantares de Reis ou das labores do agro.

Dentro destes inclúense tamén os pertencentes ao ritual da Aña, correspondente ao tempo das labradas, e onde cantan ao son que marca a propia ferramenta de traballo (o leghón) batida cunha pedra.

Este libro contén fotografías a cor, textos para entender o contexto no que se devolven estas prácticas musicais, partituras e un CD con pezas de diferentes arquivos sonoros e gravacións novas feitas á última xeración de cantadeiras de Gargamala.