Orquestra de Jazz de Galicia – Fame

Formato CD

21,95

En stock

En stock

Descripción

ORQUESTRA DE JAZZ DE GALICIA, Fame
Con «Fame» debuta a Orquestra de Jazz de Galicia no mercado discográfico. «Fame» de música e «fame» de mostrar ao mundo a música que se fai en Galicia. «Trátase dunha ‘fame’ en positivo, fame por presentar ao mundo outra forma deentender a música».
Dirixida por Pedro Lamas e Roberto Somoza, a Orquestra de Jazz de Galicia, formada por unha trintena de músicos, é un proxecto de máxima excelencia, único e novo, que proxecta a música tradicional galega en influencia con outros estilos, como o jazz, o folk, a música clásica e a contemporánea.
«Fame» foi gravado os pasados 17 e 18 de xaneiro no Auditorio de Galicia. «O disco está composto por dez arranxos de temas populares galegos que chegaron a nós pola tradición oral e que reflicten a riqueza da nosa música». Entre estes temas atópase «Toque de chifre de Faramontaos», que en 1952 rexistrou o musicólogo estadounidense Alan Lomax nunha aldea de Ourense e que anos máis tarde sería reinterpretado por Miles Davis e Gil Evans co título «The pan piper» e recollido no mundialmente coñecido «Sketches of Spain» (1960), na que foi a primeira aproximación do jazz ao repertorio da música tradicional galega.
En canto á creación da Orquestra de Jazz de Galicia, naceu fai catro anos para encher un oco no panorama musical e dar cabida a músicos procedentes de diferentes procedencias, como o jazz, a música tradicional e o folk. A Orquestra de Jazz de Galicia creouse co propósito de facer outro tipo de música partindo da tradicional galega».