Os Irmandiños de Vincios – Monte Galiñeiro
Formato CD
El precio original era: 11,95€.3,95€El precio actual es: 3,95€.
En stock
En stock
Descripción
Música tradicional en movemento.  Dun tempo, dun paÃs. Monte Galiñeiro. SÃmbolo laico; serra da fraternidade. MelodÃas doutrora e novas creacións que ocupan máis de media memoria. Irmandiñas e irmandiños en formación: gaitas, vento, percusión, acordeón. Voces do Galiñeiro para oficio da estirpe: ourizantes lasqueando xido o aghuzar o argina lasquean a zanco de tisco. Javi Costas compoñendo no garaxe. Música do XXI que vén de lonxe e cheira a sempre. La Polar, Habana, 1938, Daniel Castelao e LuÃs Soto, cen mil ouvintes nun mitin para rematar coa guerra, a metade negros. Despois o baile, alà mesmo ou na Tropical, como no Uruguai ou na Arxentina; a gaita de barquÃn de Los Miñoranos con redobrante e bombo; na comarca, os de Donas, terribles; os de Camos, leóns; Verderoles, Miúdos, Os Airiños. Música de baile para vencer a nostalxia. Coma hoxe, tempos difÃciles, tamén de emigración. Os nosos Irmandiños, non; eles eiquà darnos festa, correr a morriña, superar o fracaso, gañar o futuro. Música tradicional en movemento. Viva Vincios!
Xosé M. GarcÃa Crego
Priegue do Val Miñor. 1º de Maio. 2012