Descripción
A banda de música folc galego Pepe Vaamonde Grupo leva máis de trece anos de vida e 200 concertos nos escenarios máis representativos de este estilo musical. O seu espectáculo é un proxecto artÃstico baseado nas creacións propias e nunha visión persoal da música do paÃs, que se reflicte nun directo contundente e orixinal. O grupo liderado polo compositor, gaiteiro e frautista Pepe Vaamonde, e o arranxista e guitarrista Pipo Alvariño, presentan o seu novo disco Nas Pedras do Lar. Novo proxecto musical que xunto co resto dos compoñentes da banda: Jesús Vidal (baixo), Miguel Anxo López (percusións) e Miryam González (acordeón) pretende expoñer un espectáculo baseado na forza e contundencia da música folc galega para o directo. Despois dos tres traballos discográficos da banda: Aviouga, Onde Nace o Vento e Introterra, nace este novo disco gravado en directo nos impresionantes PKO Studios (Madrid), e que conta ademáis coas colaboracións de Javier Feijoó (voz), Brais MonxardÃn (piano), Germán DÃaz (zanfona) e Pablo Dalama (saxo). Disco de máis dunha hora de duración dividido en catorce cortes musicais de moi diversa Ãndole estética, sendo o elemento natural que faltaba na súa discografÃa…o cuarto elemento … o lume…quen guÃa e fusiona a esencia da música tradicional galega de sempre con toda unha chea de novos sabores sonoros. O arrecendo da Terra fúndese na Pedra da Lareira, a través do Lume, con outros ingredientes provintes de moi diversos estilos musicais, creando un novo caldo de onde renace unha nova música con claro xeito a folc galego do século XXI.