Real Banda de Gaitas – Éxitos no mundo

Formato CD

14,95

En stock

En stock

Descripción

Cúmprense 25 anos desde a súa creación, dúas décadas e media de éxitos, musical de Galicia, personificada na xuventude dos seus integrantes. premios e recoñecementos internacionais, que levaron ao seu director e creador, Xosé Lois Foxo, e aos centos de mozas e mozos integrantes desta formación a percorrer os cinco continentes e a actuar nos principais escenarios do mundo.

Dende a Muralla China até Nova Iork, pasando por Australia, Xapón, Exipto, O Vaticano, Yakarta, Nagasaki e a meirande parte dos países de

Europa e América, a Real Banda vai deixando no seu percorrido a súa pegada de concordia e confraternidade dos pobos, a través da linguaxe universal da música.

Música, cultura, danza, etnografía e unha firme defensa das tradicións seculares de Ourense e de Galicia son os sinais de identidade da Real

Banda. O seu virtuosismo e perfección á hora de executar as melodías que interpreta; a súa coidada posta en escena, con coreografías “milimetradas” no espazo e no tempo; e como non, o seu singular vestiario, fan que cada actuación da Real Banda sexa unha homenaxe á historia.

REAL BANDA DE GAITAS

Director Xosé Lois Foxo

ÉXITOS NO MUNDO

SUCCESSES AROUND THE WORLD