Safari Orquestra – Ben Deitei
Formato CD
El precio original era: 8,95€.3,95€El precio actual es: 3,95€.
En stock
En stock
Descripción
Safari Orquestra é un colectivo sonoro que se decanta pola fusión entre os ritmos electrónicos, a música negra e o rap. Nel atopámonos con Emilio López (voz) tras o seu paso por Skornabois e Alkarpa -proxecto étnico-tradicional no que convivÃan diferentes xeracións de músicos, entre eles albaneis, carpinteiros e panadeiros (de aà o nome)-. A banda xorde ao abrigo doutro skornaboi, Xermán Viluba (guitarras), e Arturo Vaqueiro (Humanoid) pero enseguida convértese nunha asociación musical  na que participan Ãlvaro Pardo aka Dr. Think (DJ, samplers, efectos), Laura Romay de Holywater (baixo), Miguel MartÃnez (saxos, frauta travesera, harmónica, arranxos) e Najla Shami (voz e coros).
Tras unha maqueta inicial homónima, no 2006 participan no recompilatorio A Per Tola (Komunikando, 2006) con Distancia -corte incluÃdo na maqueta xunto a MÃrame e A vinganza-. Un ano despois participan no disco tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista: Un Disco Tributo a Andrés do Barro (Falcatruada, 2007) con Teño saudade e no tributo a Vos Diplomáticos de Monte-Alto 120 Capadores (Falcatruada, 2007) con Mikaela. A inédita Habana é incluÃda no CD promocional «GZ POP! A Nova Fornada de Pop en Galego» (2008) que acompañaba á revista catalá Enderrock.
No 2008 participan no circuÃto musical Artistas en Ruta e difunden un adianto do seu primeiro longa duración. AÃnda que é gravado durante os meses de maio e xuño do 2009, o longo faise esperar debido a diversos problemas ata que finalmente Ben Deitei (Vir, 2010) sae á luz a mediados do 2010. A gravación transcorre nos estudos Abrigueiro de Friol (Lugo) e é producido por Arturo Vaqueiro e o propio Emilio López. Entre as colaboracións destaca a voz de Marcos Melendrez de Doureinos en Habana.
Este primeiro longa duración é un tratado electrónico integrador dificilmente clasificable no que teñen cabida desde o soul e o funk até o trip hop e referencias como Massive Attack, Thievery Corporation, Youssou N’Dour ou Aretha Franklin.