Descripción
ESGOTADO
A ESPERA DE NOVO STOCK
Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxÃa que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Â
Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.
Â
Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÃA XOSÉ SILVAR, a propia SÉS, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (baterÃa) e Fran Sanz (baixo).
Â
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en FiloloxÃa Galega e AntropoloxÃa Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.Â
Â
Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier DÃaz, publica no 2011
‘Admirando a condición’, o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de MarÃa Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.