Descripción
-
1. Melchor De Cumieira
-
2. Alalá De Padron
-
3. Mencer No Camiño
-
4. Aires De Moscarnoia
-
5. Romance De Miravella
-
6. O Galo De Leirado
-
7. Canto De Arrieiro Da Lamosa
-
8. Tradiculata
-
9. Nadal de Carois E Reis de Rinlo
-
10. Espadelada De Penosiños
-
11. Barlovento
           Barlovento vai adicado a aqueles homes e mulleres que se sinten herdeiros dun patrimonio cultural froito das necesidades vitais dunha sociedade moito mellor adaptada ao seu entorno que a que actualmente vivimos.
A recuperación da antiga navegación a vela, a reconstrucción das embarcacións de madeira que noutrora sulcaron os mares e as rÃas galegas, o seu uso no deporte, no lecer, na educación dos máis novos, exemplifican o importante papel que as tradicións poden xogar dende o punto de vista social, antropolóxico e tamén económico. Como a música máis evocadora, o son do vento nas velas arrola a volta á vida da rica cultura marÃtima dos nosos antecesores,  mergullada nun presente de acentos propios e brazos abertos ao futuro