Tocadoras do Val do Dubra – Por que non hei de cantare

FORMATO – Libro+Cd

19,95

En stock

En stock

Descripción

Val do Dubra é un deses lugares que forman parte do maxín de músicos e investigadores interesados na música tradicional galega, tanto pola súa riqueza como por ternos deparado temas fundamentais para o imaxinario colectivo contemporáneo como “Por que non hei de cantare”. Son moitas as persoas que nos últimos corenta anos se achegaron a realizar gravacións de campo, un proceso que xurdiu, sobre todo, a partir do impulso dado por dúas persoas pioneiras nesa tarefa: Carlos Rey e José Manuel Iglesias “Chiño”.

En 1992, dez anos despois das primeiras gravacións, os dous investigadores reuniron un grupo de mulleres de distintos lugares do concello para unha nova recollida. Aquel encontro realizado hai máis de trinta anos deu lugar a uns rexistros de enorme valor histórico que compilan unha parte fundamental patrimonio oral de Val do Dubra e que, por avatares do destino, non puideron ver a luz, ficando no caixón do esquecemento… Até agora.