Descripción
Ecuacións:
Ecuacións é o novo traballo de Xoán Curiel. Cun formato musical sen percusión e con bases electrónicas. Trátase dun traballo cálido, lírico, doce e tamén cun matiz experimental.
Foi gravado na Radio Galega dun xeito analóxico directamente nun magnetofón, como se facía antes de existir ordenadores para editar o son. O resultado é un disco coa naturalidade dun directo e tamén coa calidez da gravación e a mestura analóxicas. Ecuacións é un aloumiño para os sentidos…
Breve Biografía:
É nominado como mellor artista na categoría de Canción de Autor nos II Premios Martín Códax da Música Galega.
En Outubro e Novembro do 2015, xira por Brasil e Portugal.
Crea e dirixe o primeiro e segundo Certame de Canción de Autor en Lingua Galega de Teo (2014 e 2015).
Presenta, xunto coa editorial Galaxia, o seu libro-disco infantil: Estamos no verán!!!, co que é nominado a Mejor Álbum en Lengua Gallega nos 6º Premios de la Música Independiente.
En Xuño do 2013 gaña co seu disco Magnético Zen o premio ao Mellor Album en Lengua Gallega nos Premios de la Música Independiente 2013.