Descripción
“Bipolar” mostra a un Penabad com máis experiencia e máis maduro despois destes dous anos de concertos levando a súa música por todo o territorio español e o estranxeiro. Este disco empezouse a xestar na primavera de 2015 e foi gravado entre Oza dos Ríos e Santiago de Compostela. Contén dez temas pensados para o directo, que reúnen composicións propias, de Fernando Barroso e dúas pezas tradicionais. “Bipolar” é un traballo concibido para os directos e para os tempos que corren, sen grandes necesidades técnicas nin humanas. É por iso que Andrés rodéase da súa banda habitual, á que tamén se suma algunha colaboración como a das cantareiras e pandereteiras Lilaina, Pablo Vergara no bodhran, Ramón Dopico ás percusións e Álvaro Trillo na batería. Nesta ocasión Andrés volve contar tamén con Fernando Barroso, a quen lle confía a produción do álbum. Con este segundo disco Penabad quere deixar claro que non é casualidade e que quere gravar o seu nome no panorama do folk galego.
Cancions
- A Fonte do Mel (Andrés Penabad) 00:03:24
- Alarma en Fernández Latorre (Andrés Penabad) 00:03:02
- Muiñeira de Seixedos Muiñeira de Borrifáns (Andrés Penabad) 00:01:51
- Acordeolóxico (Andrés Penabad) 00:05:38
- Bipolar (Andrés Penabad) 00:03:44
- Iberian Roulette (Andrés Penabad) 00:04:46
- Máxica (Andrés Penabad) 00:03:26
- Danzas Sempiternas (Andrés Penabad) 00:04:03
- Cantar e Xota de Seixedos (Andrés Penabad) 00:03:25
- Himno dos Noventa (Andrés Penabad) 00:04:48