Descripción
As vivencias coas que Leilía nos agasallou ao longo dos máis de trinta anos xuntos permítenlles dicir que eles levan Vidas cantads, como eran as vidad das mulleres das aldeas.
Vidas cantadas é unha aposta integral, un proxecto no que orixe e fin encaixan, pechando o círculo e dentro del teñen cabida ilisións , premios, colaboracións, recoñecementos, viaxes, amizades…, e un sinfín de experiencias que amosan que significa Leilía para a música deste país. Neste traballo retoman cancións antigas do seu repertorio e volven a facer súas, dándolles un novo aire
TEMAS
- Leelé
- Viva quen sabe querer
- O corazón polo aire
- Amor primeiro
- O meu camiño
- Tronzar cancelas
- Porque non cantades todas?
- Vaia festa
- Sen permiso
- Malas linguas
- Sei que sinto
- Compostela
- Canto de berce