Descripción
Obal trae a súa música dende as Rías Baixas en Galicia, onde nace este proxecto pensado e creado dende o baile. Xa nos seus comezos, no 2014, a música folk e a danza únense en Obal, seguindo unha corrente en auxe en toda Europa: o bal-folk. Cun repertorio tradicional e tamén novas composicións propias e doutros autores. Bourré, xota, scotish, mazurka, brandle, muiñeira, circassian, etc.OBAL son:Jaime Rebollo,Atraído pola música tradicional galega iníciase na apredizaxe da gaita, e máis tarde doutros instrumentos de vento populares, participando en grupos de baile e bandas folk coma Celme, Paidacana, Liorna, Vilarachos, Banda Baile Asalto, Sondeseu,… Atraído pola son hipnótica da zanfona comeza a súa actividade como luthier, abrindo o seu obradoiro no 2004, ó tempo que aprende a tocala con diversos mestres, tanto galegos como foráneos, descubrindo outras tradicións musicais europeas.
Xunto con Iván Costa e Diego Langarika crea o proxecto Obal, co que afonda neses ritmos e bailes centroeuropeos.Iván Costa, Como gaiteiro foi gañador dos concurso máis importantes durante a década dos 90, entre eles destaca o trofeo MacAllan en Lorient.
Ademais ten participado en máis de 20 gravacións como intérprete e compositor, dando o colofón coa gravación do seu primeiro disco en solitario, Ávrego (Edicións do Cumio). A súa música forma parte do repertorio de importantes solistas do folk galego e tamén dos estudos do Conservatorio Profesional de Vigo.
Participou en diferentes espectáculos de música e danza. As súas partituras son editadas en traballos de investigación e divulgación da música tradicional galega. Na actualidade a zanfona ocupa a maioría da súa vida artística en proxectos como a Orquestra Folk Sondeseu e Taghaitaí.Diego Langarika, É un músico de folk galego, vangardista no xeito de interpretar a música de raíz. Guitarrista, mandolinista, é principalmente coñecido co bouzouki e tamén coma artesán de instrumentos, un auténtico trobador do futuro pois constrúe el mesmo os instrumentos que interpreta como aqueles facían.
Foi fundador de grupos como Xerfa, Tridentes ou a Banda das Perchas. Ten colaborado con Coanhadeira, Arxe, Banda Sinfónica de Galicia ou Dominic Graham School. Na actualidade forma parte da Orquestra folk Sondeseu, Ghaveta, NaRúa e o duo Beatriz Martínez/Langarika.
TEMAS
01 – Scotex
02 – Branles de noirmouitier
03 – Danza das baleas
04 – Arredor arredor
05 – A congorza
06 – Susshine
07 – Baile en Masó
08 – Bourrée de montford
09 – Lume de carburo
10 – Os vilares