Pablo SanmPablo Sanmamed – Ben Vennas Maio

Formato VINILO

19,95

En stock

En stock

Descripción

Disco vinilo

Ben Vennas Maio, de Pablo Sanmamed, é unha viaxe ás Cantigas de Afonso X a través de dúas linguaxes que se encontran: as da música medieval e o jazz. Editado por aCentral Folque en formato vinilo, neste traballo a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid. Música, texto e fotografía mostran a súa entidade ao tempo que dialogan sobre os temas centrais de Ben Vennas Maio: as cantigas, o maio, a primavera, a muller.

Para este proxecto, o contrabaixista e compositor galego Pablo Sanmamed conta con músicos de talle internacional como Begoña Olavide (salterio e voz), Elena Tarrats (voz), Xurxo Varela (viola de gamba), Iago Mourinho (piano), Chus Pazos (batería) e Carlos Castro (percusións).

TEMAS

LADO A

01 – EPÍGRAFE

02 – O FONDO DO MAR

03 – BEN VENNAS MAIO

04 – ROSA DAS ROSAS

05 – O GENETE

LADO B

01 – STRELA DO DÍA

02 – LA ROSA ENFLORECE

03 – SOLA FUSTI, SENLLEIRA

04 – NON VEN AL MAIO